O proxecto de reforma da praza de Armas de Ferrol non estivo nunca exento de polémica e, incluso, logrou dividir aos comerciantes ferroláns respecto da idoneidade de suprimir o antigo aparcamento subterráneo. Tres anos máis tarde de presentarse o proxecto e coa nova praza xa rematada, o entorno de Armas volve reverdecer coa chegada de novos negocios. Xa son tres os locais desocupados que volverán a xerar actividade, emprego e ambiente no centro xeográfico do barrio da Magadalena.
Xa antes da crise da Covid e coa antiga praza a medio derruir, a entidade bancaria CaixaBank anunciuo que trasladaría as súas oficinas ao edificio que fai esquina entre a rúa Real e a da Terra, ocupado no seu día por Zara Man. O inmoble, obra de Rodolcho Ucha, recuperará a actividade tras case unha década inactivo, gracias á reforma que comezou onte na planta baixa do edificio. Convertirase na oficina central da entidad bancaria na cidade e integrará as actuais sucursais da rúa Real e da rúa Camilo José Cela.
Máis avanzadas están as obras en outro dos locais que apostou pola nova praza de Armas. Trátase da cafetería «La Première», propiedade do grupo empresarial do mesmo nome, que posue varios negocios de moda na comarca. Ocupará o lugar que deixou a tenda de roupa U de Aldolfo Dominguez e contará, ademais, coa primera terraza da nova praza. As obras están case finalizadas e a súa apertura é inminente. Será o primeiro local de hostalaría na praza desde que se pecharon as cafeterías Plaza e Mezquita.
A última empresa en anunciar a súa chegada á nova praza é unha das máis esperadas, xa que ocupará un dos locais comerciais emblemáticos da zona, o do antigo Zara, que pechou a súas portas a prinicipios de 2018 tras máis de 30 anos na Magdalena. Será o grupo salmantino Recio, propietario de Perfumerías Avenida e Neobel, o que lle dea unha nova vida ao inmenso local, de cinco planta e almacén. As obras para a adaptación do novo negocio xa comezaron, aínda que todavía non trascendeu cal das dúas cadeas de perfumerías e parafarmacia será a que ocupe o codiciado local.
Desde esta semana a trafega de camións, contedores de lixo, operarios da construccións e escombros escenifican a nova realidade dunha praza que parece máis viva ca nunca e que aspira a recuperar o status de centro neurálxico da cidade.