A Policía da por desarticulada unha organización dedicada ao tráfico de drogas que operaba en Ferrol e na Coruña

A "Operación Luna" desenvolveuse no barrio de Monelo de A Coruña e en dous domicilios de Ferrol

A Policía Nacional dá por desarticulada na Coruña unha organización dedicada ao tráfico de estupefacientes. O grupo estaba formado por dezaseis persoas dunha mesma familia, todas elas detidas, e tiña o seu centro de operacións na Coruña, aínda que tamén actuaban en Ferrol e Sada.

A investigación iniciouse hai varios meses, cando indicativos policiais da Brigada Provincial de Seguridade Cidadá da Coruña detectaron nas súas intervencións a existencia dun punto de venda de drogas na zona de Monelos.

Constatouse polos investigadores do grupo de estupefacientes da Brigada Provincial de Policía Xudicial da Coruña que a organización se dedicaba ao tráfico de drogas a pequena escala ou “ menudeo”. Tres xeracións do clan familiar estaban dedicadas a esta actividade.

 

Durante a operación policial, levaron a cabo oito rexistros domiciliarios de maneira simultánea, incautándose substancias estupefacientes, material de corte, catro vehículos e máis de 10.000 euros en efectivo.

Igualmente, localizáronse tres armas de fogo, unha delas simulada e as outras dúas de 9 mm. Os ocupantes dos domicilios aseguraran as portas dos mesmos con vigas de madeira para dificultar calquera tipo de acceso.

Aos dezaseis detidos impútanselles delitos contra a saúde pública e asociación ilícita.  Ademais, a catro deles impútanselles delitos de tenencia ilícita de armas, e a outro deles, branqueo de capitais. Todos os detidos foron postos ao dispor da autoridade xudicial competente, sendo decretado o ingreso en prisión de dez deles.

Salir de la versión móvil