A Policía Local de Ferrol abriu 260 sancións contra 218 persoas por incumprir o estado de alarma

Os barrios onde se impuxeron máis sancións foron, por este orde, San Xoán-Bertón, Ensanche A, A Magdalena, Recimil e Caranza
Policia Local Vilagarcia y Proteccion Civil /

A Policía Local de Ferrol fixo esta semana un reconto dos expedientes sancionadores que abriu dende o pasado 14 de marzo por infrinxir as medidas contempladas no decreto polo que se declarou o estado de alarma. A data do venres 17 de abril, as denuncias interpostas polos axentes ascendían a 260, tramitadas contra 218 persoas.

Segundo esta actualización de datos, o 70 % dos multados foron homes, e no caso dos reincidentes, o 66% varóns e o 33% mulleres (20 e 10, respectivamente). A proporción de persoas denunciadas en máis dunha ocasión foi dun 11,5%, e delas, unha de cada tres resultaron ser multirreincidentes (máis de dúas denuncias). Nestes datos non están contabilizados aínda os correspondentes aos turnos do venres e da noite do venres ao sábado.

Os barrios de Ferrol onde se rexistraron máis infraccións foron, por orde descendente, San Xoán Bertón, o Ensanche A, A Magdalena, Recimil e Caranza. No Ensanche B, Canido, Esteiro, Ferrol Vello e a zona rural, o número de denuncias non superou, en ningún dos casos, as 20.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.