A Policía Local de Ferrol dotarase cun sistema videovixilancia para captar infraccións ao volante

O dispositivo, que estará instalado nun dos vehículos do corpo, conta con dúas cámaras capaces de identificar matrículas en calquera condición

A Mesa de Contratación Permanente do Concello de Ferrol aprobou hoxe a subministración dun dispositivo de videovixilancia para a Policía Local. O importe de licitación do contrato ascendía a 42.350 euros e foi finalmente adxudicado por 32.549. O contrato deberá formalizarse nos 15 días seguintes á notificación, e a partir de aí a adxudicataria disporá de tres semanas para subministrar o dispositivo.

Este sistema para a identificación automática de matrículas empregarase nun vehículo de propiedade municipal para que a Policía Local poida captar infraccións por estacionamentos e paradas indebidos.

Contará con dúas cámaras capaces de identificar as placas en calquera condición de visibilidade, localizadores GPS e conexión para transmisión de datos en tempo real. A oferta gañadora inclúe unha garantía de 12 meses adicionais sobre os xa especificados no prego de prescricións técnicas.

Salir de la versión móvil