A Mesa de Contratación Permanente do Concello de Ferrol adxudicou o subministro dun sistema de
videovixilancia para instalar nun vehículo da Policía Local. O prezo de licitación ascendía a 42.350 euros, e foi adxudicado por 32.549. Nun prazo aproximado de dúas semanas poderá formalizarse o contrato e, a partir de ahí, a empresa dispón de outras tres semanas para servilo e instalalo, polo que non será ata ben entrado o mes de xullo cando comece a funcionar.
O novo sistema servirá para a identificación automática de matrículas e empregarase para que a Policía Local poida captar de maneira áxil as infraccións por estacionamentos e paradas indebidos. Contará con dúas cámaras capaces de identificar as placas en calquera condición de visibilidade, con localizadores GPS e con conexión para a transmisión de datos en tempo real.
Control da zona azul
Aínda que actualmente non está regulado o estacionamento en ningún barrio de Ferrol, se nun futuro vólvese a instaurar a zona azul para controlar os tempos de aparcamento, con este dispositivo non será necesario instalar parquímetros nin que os usuarios paguen por estacionar, xa que este dispositivo detecta automáticamente en qué punto está cada coche a unha hora concreta, e cuando volve a pasar comproba se ese vehículo cumpliu ou non a rotación.