A Policía Local detivo a un home que trataba de roubar en coches aparcados no porto de Ferrol

Os feitos producíronse na noite do xoves ao venres nas inmediacións da sala de exposicións da Autoridade Portuaria, no peirao de Curuxeiras

A Policía Local de Ferrol detivo na madrugada do venres 24 a un home que trataba de roubar no interior de coches estacionados nas inmediacións da sala de exposicións da Autoridade Portuaria, no peirao de Curuxeiras. Foi a policía portuaria a que descubriu a este individuo despois de que forzara a porta dun vehículo, pero ao percatarse da presencia dos axentes, fuxiu do lugar.

Durante a persecución foi cando unha patrulla da Policía Local o avistou e logrou arrestalo. Despois comprobouse que revolvera o interior do turismo en busca de obxectos de valor.

Salir de la versión móvil