A Policía Local intensificará a vixiancia en Pardo Bajo para evitar esceas como as do pasado sábado

Desde o Concello insisten en que a solución non pasa soamente por impoñer medidas coercitivas e apela á responsabilidade individual dos veciños e veciñas de Ferrol

O Concello de Ferrol vai intensificar o dispositivo de vixilancia na rúa Pardo Baixo para evitar o consumo de bebidas no exterior dos establecementos sempre que no sexa nas terrazas autorizadas de cada local. A medida tómase trala polémica xurdida o pasado sábado cando centos de clientes abarrotaron o tramo entre a praza das Angustias e o Callao. Así o anunciou esta mañá o concelleiro de Seguridade, Germán Costoya, despois de manter unha reunión con representantes dos hostaleiros de Pardo Baixo no pazo municipal.

O edil agradeceulles a súa “total colaboración” para evitar “de forma conxunta” que se repitan situacións como a vivida a pasada fin de semana, cando se congregaron grupos de persoas que consumían bebida nos exteriores dos locais e fora das terrazas. Ás dúas da mañá axentes da Policía Local acudiron a Pardo Baixo para informar aos responsables dos establecementos que debían retirar as mesas e cadeiras xa que a partir desa hora non están autorizadas.

Ademais de poñer en marcha un dispositivo máis amplo, o concelleiro de Seguridade indicou que a Policía Local intensificará a vixilancia respecto ás medidas de seguridade e protección sanitaria que aínda están vixentes.

Responsabilidade individual

Costoya quixo aproveitar a ocasión para pedir á cidadanía “prudencia e responsabilidade individual”, xa que aínda hai restriccións sanitarias. “O comportamento de cada un é clave para evitar a propagación do virus”, dixo. E indicou que desde o Concello se está moi pendente do que decrete a Xunta de Galicia nos próximos días en relación ao ocio nocturno.

Salir de la versión móvil