A Policía Nacional detén a unha persoa que entraba en Ferrol con máis de 4 quilos de heroína

A droga incautada serviría para elaborar trinta e cinco mil doses por valor de case medio millón de euros
foto prensa

Axentes adscritos á Comisaría do Corpo Nacional de Policía de Ferrol-Narón, procederon á detención dun individuo, home, natural da Illa de Arousa, por tráfico de estupefacientes. Según explicou o propio CNP, froito dun dos dispositivos conxuntos, establecidos por parte da Brigada Local de Seguridade Cidadá e de Policía Xudicial de prevención da delincuencia, detectaron a presenza dunha furgoneta entrando na zona de Ferrol, a cal foi interceptada.

Durante a entrevista co conductor, os policías observaron que na parte traseira da mesma había cordas e outros útiles, motivo polo cal os axentes realizaron unha inspección profunda do vehículo no lugar de intercepción, localizando, tras uns minutos, uns paquetes de cor amarela de cuxa existencia e contido non sabía dar conta o individuo.

Ante a evidencia para os axentes por todas as circunstancias xa descritas que estes paquetes contiñan substancias estupefacientes, proceron á detención do individuo, que foi trasladado a dependencias policiais. Tralos análises, concluíuse que coa droga incautada confeccionaríanse un total dunhas trinta e cinco mil doses, cun valor aproximado de máis de catrocentos mil euros.

Tras realizar as dilixencias oportunas, o detido foi posto ao dispor do Xulgado de Instrución de Garda dos de Ferrol que decretou o ingreso en prisión provisional do detido.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.