A rehabilitación das envolventes de Recimil avanza con dúas novas licitacións

Os concursos corresponden á dirección de obra para a execución do proxecto en dous novos bloques do barrio

Recimil Policía Local y Nacional Rua As Pontes

O Concello de Ferrol publicou hoxe na Plataforma de Contratación do Sector Público dúas novas licitacións coas que continúa a tramitación dos proxectos que afectan ao barrio de Recimil. En concreto, trátase, por unha banda, do servizo de dirección de obra, dirección de execución e coordinación de seguridade e saúde das obras de rehabilitación da envolvente da edificación sita na rúa Betanzos 1-8, e por outra, do servizo de dirección de obra, dirección de execución e coordinación de seguridade e saúde das obras de rehabilitación da envolvente da edificación sita na rúa Ares 1-2. No primeiro caso, o importe é de 72.165,67 euros, mentres que no segundo é de 17.233,15. Tanto nun coma outro, o prazo de presentación de ofertas conclúe o próximo 22 de maio.

Ambas actuacións suman un orzamento que supera os 1,7 millóns de euros e nestes momentos atópanse en proceso de avaliación, logo de que o período de presentación de ofertas concluíra a principios de febreiro. A licitación das direccións de obra supón un novo paso para a execución destes dous proxectos incluídos polo goberno municipal nos investimentos financeiramente sostibles, que o pleno da corporación aprobou a finais do ano pasado.

Salir de la versión móvil