A rúa Celso Emilio Ferreiro, en Canido, será dunha sola dirección e contarará cunha senda peonil

A zona para camiñantes, de 1,8 metros de ancho, abarcará desde a estrada Alta ata a rúa Maiola

O Concello de Ferrol, a través da concellería de Seguridade e Tráfico vai a habilitar o sentido único do tráfico de forma permanente na rúa Celso Emilio Ferreiro, en Canido, en dirección á estrada Alta. A reordenación desta vía inclúe tamén un paseo seguro de 1,8 metros de ancho no lateral próximo á Malata que estará separado da calzada para vehículos, de 3,5 metros de ancho para o seu único sentido, por unha fila de bolardos.

Este novo camiño peonil abarcará desde a estrada Alta ata a rúa Maiola e supoñerá unha alternativa segura para os estudantes que acudan a diario ao IES Canido e a outras escolas cercanas. O fin desta intervención, que estará rematada antes do inicio do próximo curso escolar, “é avanzar na protección dos nosos estudantes no seus traxectos diarios aos centros de ensino”. Dita actuación, que afecta a unha vía “moi transitada”, detallou o edil Germán Costoya, forma parte das actuacións que “leva a cabo o Concello de cara mellorar a seguridade viaria”.

Salir de la versión móvil