A rúa Magdalena de Ferrol quedará peatonalizada desde mañá para o uso de terrazas

Como novidade, este verán o Concello tamén restrinxirá o tráfico rodado na rúa Alonso López de Canido
magdalena peatonal2

A rúa Magdalena converterase en peonil a partir de mañá, co inicio da segunda metade de xuño. Os viandantes poderán gozar tamén do tramo entre Rubalcava e Sánchez Barcaíztegui sen compartir o espazo cos vehículos. Esta medida, que se vén adoitando durante a tempada de verán, posibilitará, ademais, a instalación de terrazas aos negocios de hostalería situados nese tramo. Como novidade este ano, a concellería de Mobilidade e Urbanismo, que dirixe Julián Reina, engadiu ás peonalizacións estivais a rúa de Alonso López, en Canido. Trátase do tramo comprendido entre a praza do Cruceiro de Canido e o cruce con Muíño do Vento.

O edil responsable da área firmou esta mesma mañá un decreto que regula a peonalización entre mañá, 16 de xuño, e 30 de setembro, ambos inclusive, cando normalmente concluía a mediados de setembro. O documento recolle que se facilitará o acceso a residentes e os vehículos para facer labores de carga e descarga no horario no  que as terrazas non estean colocadas. O tráfico rodado en dirección a Amboage
poderase facer pola rúa Sol.

Pola súa banda, o peche do tráfico rodado en Alonso López non xera maior prexuizo para os usuarios do entorno e o tráfico en xeral por existir alternativas á circulación, como son a rúa Poeta Pérez Parallé e as rúas Átocha e Riego. O decreto rubricado por Reina lembra que non se poderán colocar terrazas que
previamente non teña outorgada a correspondente autorización para a súa instalación.

PUBLICIDAD
PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.