A senda peonil de Ferrol quedará limitada á avenida do Mar e Irmandiños desde este fin de semana

O resto dos tramos volverán a habilitarse para o tráfico rodado xa que a densidade de camiñantes descendeu nas últimas semanas
DSC_2301

O Concello de Ferrol limitará a Senda 8.000 —o paseo peonil que se activas as fins de semana desde a avenida do Mar ata a Malata— á zona de Caranza e a rúa dos Irmandiños a partir de mañá sábado, 6 de xuño. O avance na desescalada, o aumento das franxas horarias para pasear e a posibilidade de realizar desprazamentos levou ao goberno local a limitar os cortes de tráfico rodado que supoñía inicialmente a
Senda 8.000, que se habilitou nun momento no que o movemento das persoas estaba máis limitado.

Na actualidade, explican desde o Concello, «reduciuse moito a mobilidade peonil» polo que desde a tarde de mañá ata a noite do domingo quedará cortado o acceso pola avenida do Mar e un dos carrís de Irmandiños para o paseo de peóns. O resto seguirá aberto ao tráfico de vehículos.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.