A sendal peonil da rúa Celso Emilio Ferreiro estará rematada este verán

A intervención inclúe tamén habilitar o sentido único do tráfico na vía de Canido, en dirección á estrada Alta

O Concello de Ferrol, a través de concellería de Seguridade e Tráfico, que dirixe Germán Costoya, iniciou a os traballos para habilitar un camiño peonil na rúa Celso Emilio Ferreiro, no barrio de Canido. Estará separado da calzada por unha fila de bolardos para as que xa se fixeron as primeiras marcas no firme. O edil responsable da área indicou que a próxima semana comezarán os labores de acondicionamento da sinalización horizontal e vertical.

O novo paseo peonil, que estará rematado antes do inicio do curso escolar, terá 1,8 metros de ancho no lateral próximo á Malata e abarcará desde a estrada Alta ata a rúa Maiola. Supoñerá unha alternativa segura para os estudantes que acudan a diario ao IES Canido e a outras escolas próximas.

A intervención inclúe tamén habilitar o sentido único en Celso Emilio Ferreiro en dirección á estrada Alta. O responsable de Tráfico, que a principios do xuño trasladou aos veciños do barrio os detalles do proxecto, indicou que o fin da actuación é “avanzar na protección dos nosos estudantes no seus traxectos diarios aos centros de ensino”. Dita intervención, que afecta a unha vía “moi transitada”, detallou Costoya, forma parte das accións que “leva a cabo o Concello de cara mellorar a seguridade viaria na cidade”.

Publicidad
Publicidad
Salir de la versión móvil