Na tarde de onte luns 21 de setembro a subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López Rioboo, reuniuse co alcalde, Ángel Mato, para facerlle entrega dun total de 17.000 novas máscaras protectoras para a súa distribución entre centros escolares e colectivos vulnerables, no marco da nova campaña de entrega de material acordado polo Goberno de España coa Federación Española de Municipios e Provincias.
Con este paquete xa son máis de 30.000 os EPI que o Goberno de España ha destinado en total ao Concello de Ferrol. Tras recibir o material, o alcalde de Ferrol e a subdelegada do Goberno na Coruña mantiveron unha reunión de traballo durante a que, ademais de outros asuntos de interese para a cidade, acordaron a distribución das máscaras, na que se prioriza o persoal dos centros educativos e os colectivos vulnerables de Ferrol.
O rexedor estivo acompañado polos concelleiros de Educación, Antonio Golpe; de Benestar Social, Eva Martínez Montero; de Economía e Facenda, María Teresa Deus; e de Seguridade, Germán Costoya.
Inicio do curso escolar
Mato agradeceu o «intenso labor» que está a desenvolver o Goberno central para que os equipos de protección cheguen aos máis vulnerables da sociedade. A entrega de esta tarde faise en apoio ás entidades sociais e ás familias máis necesitadas coincidindo co inicio do curso escolar.