A subdelegada do Goberno pregunta aos responsables de Endesa polo «número real de traballadores» afectados polo peche da central pontesa

A empresa remitiuse aos datos facilitados polas propias empresas auxiliares e insistiu no seu empeño de facilitar a reinseción laboral destes operarios
endesa

A subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Rioboo, mantivo esta mañá unha reunión co director xeneral territorial da zona norte de Endesa, Miguel Temboury Molina, para analizar a situación da central das Pontes. O encontro prodúcese tras a reunión mantida a pasada semana pola subdelegada do Goberno cos representantes das empresas auxiliares da central.

Un dos puntos analizados na reunión foi precisamente o número de traballadores pertencentes ás empresas auxiliares que poden estar afectados polo peche da planta xa que existe diferenza neste sentido entre os representantes sindicais e Endesa. De feito, a subdelegada do Goberno trasladou ao representante da empresa as inquietudes e preocupacións manifestadas polos traballadores, aínda que o director xeneral territorial remitiuse aos datos facilitados polas propias empresas auxiliares á hora de cuantificar o número de posibles afectados.

Miguel Temboury explicou tamén a Pilar López-Rioboo a situación das probas de co-combustión que se están realizando na actualidade á vez que detallou a grandes liñas o plan de futuro previsto por Endesa, que destacou que prevé priorizar o emprego dos traballadores das empresas auxiliares, incidindo así mesmo nos plans de formación, os plans ambientais e os proxectos de futuro para a zona, para os que require novo chan industrial, en cuxa consecución está a traballar conxuntamente co Concello das Pontes e a Xunta de Galicia.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.