A terra chega finalmente á praza de Armas

Os operarios afánanse estes días por rematar os traballos antes do 4 de abril, a nova data límite concedida polo goberno á empresa encargada da obra

Os operarios da UTE Prosema- Civis Global, adxudicataria da obra de reforma da plaza de Armas, comezaron a colocar a terra na superficie, que non se cubrirá con adoquíns. A nova terra, chegada de portugal, será un paviemento único en España, pero que xa foi usado con éxito noutros países de Europa, especialmente en Alemaña. Segundo explican os responsables da obra, ten un aspecto similar ao de unha pista de tenis de terra.

Os traballos, de esparexamento e compactación da terra durará ao redor de dúas semanas sempre que as condicións meteorolóxicas acompañen. Será en total unha superficie de máis de 2.500 metros cadrados a que se deixe con terra, algo maís da metade da plaza.

Previamente a estes traballos, colocáronse os bancos dobles e as novas luminarias, ademáis da docea de tilos que rodean o perímetro da praza. O que todavía continúa son os traballos de colocación de adoquín nas rúas laterais, a Terra e a Rubalcava, que non se abrirán ao tráfico ata dentro de tres semanas como mínimo.

Relacionadas