A UDC habilita espazos wifi no campus de Ferrol para realizar os exámenes

Será no Edificio de Apoio ao Estudo e será necesario pedir unha solicitude previa facer uso deste servizo
ViceFerrol.jpg_2063069294

A Universidade da Coruña habilitou diversos espazos wifi para que o alumnado universitario con dificultades de acceso a Internet poida realizar os seus exames online nas instalacións dos seus campus, doutras universidades e nas aulas da Rede CeMIT que a Xunta ten en diversos concellos galegos.

Deste xeito, tanto o alumnado da UDC como doutras universidades coas que se chegou a un acordo, poderán acudir, previa solicitude, aos espazos acondicionados, que no Campus de Esteiro-Ferrol é o Edificio de Apoio ao Estudo.

Poderán facer uso das instalacións da UDC tanto o alumnado propio como o procedente das universidades de Santiago de Compostela, Vigo, Cantabria, Castilla-La Mancha, Extremadura, Les Illes Balears, La Rioja, Oviedo, País Vasco, Pública de Navarra, Zaragoza, Burgos e Valladolid.

A UDC subscribiu tamén un acordo coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) para que o alumnado universitario poida realizar os seus exames online nas aulas da Rede CeMIT. Esta Rede está integrada por 98 aulas presentes en 53 comarcas de Galicia. A ocupación das aulas será por orde petición, ata completar aforo.

Facilitar a realización de exames online en espazos wifi forma parte do Plan UDC de apoio ao estudantado promovido pola Vicerreitoría de Estudantes, Participación e Empregabilidade que dirixe a profesora María José Lombardía, e contempla varias medidas extraordinarias que poden verse na páxina web: https://www.udc.gal/gl/covid-19/plan-de-apoio-ao-estudantado/ na que tamén están os formularios para facer as reservas dos espazos wifi.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.