A Universidade da Coruña iniciou hoxe no Campus de Ferrol a campaña voluntaria de test serolóxicos

Varias deceas de estudantes pasaron esta mañá polas instalacións para realizar as probas antes do inicio das clases
EkwYcqVXgAEk0fF

A Universidade da Coruña iniciou esta mañá unha campaña voluntaria de test serolóxicos a toda a comunidade universitaria, comezando polo alumnado do Campus de Ferrol.

Realizaranse probas voluntarias de test serolóxicos de dobre banda que permiten a detección rápida de anticorpos IgC e IgM en sangue. A proba consiste na extracción de dúas gotas de sangue capilar nun dedo da man. Os resultados comunicaranse ao estudante por correo electrónico desde a realización da proba. A UDC informará ao SERGAS dos casos positivos para o seu adecuado seguimento.

A campaña está dirixida na primeira fase ao alumnado, que terá que pedir cita previa na seguinte páxina web: https://www.udc.es/covid-19/test-seroloxicos. Esta campaña para o alumnado do Campus de Ferrol estenderase de martes a venres cun horario amplo para evitar aglomeracións.

Proximamente abrirase a cita previa ao alumnado do Campus da Coruña así como ao Persoal Docente e Investigador (PDI) e ao Persoal de Administración e Servizos (PAS).

 

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.