A Universidade da Coruña retrasa o inicio do próximo curso ao 21 de setembro

O remate do curso manterá os seus prazos e finalizará o 31 de agosto de 2021
41522459_1215284455280777_3141156118982557696_o

O Consello de Goberno da Universidade da Coruña aprobou esta mañá o calendario académico do próximo curso que comezará o vindeiro 21 de setembro, o que supón un retraso con respecto ao curso actual que se iniciou o 9 de setembro de 2019, mentres que o remate do curso manterá os seus prazos e finalizará o 31 de agosto de 2021. Esta demora no inicio está motivada pola adaptación ao novo calendario da Proba de Avaliación de Bacharelato para o Acceso á Universidade, e pola preparación do próximo curso nun escenario nestes momentos incerto.

Ademais do cambio no comezo do curso, o calendario académico modifica o seu período lectivo. O primeiro cuadrimestre irá do 21 de setembro ao 15 de xaneiro de 2021 e o segundo cuadrimestre, do 8 de febreiro ao 21 de maio (este curso foi do 9 de setembro ao 20 de decembro o primeiro cuadrimestre, e do 28 de xaneiro ao 15 de maio, o segundo).

Así mesmo, varían as datas de avaliación. As materias do primeiro cuadrimestre avaliáranse entre o 18 de xaneiro e o 5 de febreiro; e as do segundo, do 24 de maio ao 14 de xuño. A segunda oportunidade (os antigos exames de setembro) serán do 28 de xuño ao 19 de xullo.

As actividades académicas docentes interromperanse desde o 23 de decembro de 2020 ata o 8 de xaneiro de 2021 (ambos os dous días incluídos); os días 15 e 16 de febreiro de 2021 e desde o 29 de marzo ao 5 de abril de 2021 (ambos os dous incluídos). Terá carácter festivo o 29 de xaneiro de 2021 polo traslado da festividade do Día da Universidade.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.