A UTE encargada das obras de Armas solicita unha prórroga de catro semanas

A terra que cubrirá a metade da plaza aínda non chegou e os traballos de esparexemento e compactación estímanse en máis de dez días.

A UTE encargada de executar a remodelación da Praza de Armas vén de solicitar ao Concello de Ferrol unha prórroga de catro semanas para rematar a obra. A petición conta cos informes favorables e o motivo é o atraso dos traballos de canalización e cableado nos centros de transformación de Unión Fenosa. Ademais, aluden que as inclemencias meteorolóxicas das últimas semanas impediron avanzar adecuadamente nalgúns traballos.

Esta é a segunda prórroga que solicita a unión de empresas encargada das obras despois da solicitada a finais do pasado 2019. Para entonces deuse como prazo máximo o mes de febrerio y pouco despois a data oficial pasou a ser o 8 de marzo. Pero aínda que os traballos semellan bastante avanzados, falta un dos elementos máis importantes da obra: a terra, que cubirá case a metade da plaza. Non se espera ata a próxima semana e os traballos de esparexemento e compactación ocuparán como mínimo dez días, sempre que non choiva abundantemente.

Mentres, os operarios están a rematar o adoquinado das rúa da Terra e da Rubalvaca que conectarán co corredor de losetas da plaza. Tamén estase a rematar a instalación dalgúns elementos urbanísticos como as farolas e os bancos, que non se colocarán ata que non estea colocada a terra. En calquera dos casos, o Concello xa garantiu que os traballos quedaran rematados por completo antes do inicio da Semana Santa, cando se espera a chegada de varios miles de turistas ao centro de Ferrol.

 

Salir de la versión móvil