A Xunta investirá máis de 132.000 euros na restauración do santuario de Nosa Señora das Angustias, en Ferrol

Actualmente existen graves problemas de humidade en diversas zonas do inmoble que están a provocar danos no interior do templo
tg_carrusel_cabecera_grande (1)
PUBLICIDAD

A Xunta levará a cabo as obras de restauración para resolver os problemas de humidades que afectan a igrexa da Nosa Señora das Angustias, no barrio ferrolán de Esteiro. O goberno autonómico sacou a licitación unha intervención que compromete máis de 132.000 euros para resolver as patoloxías deste monumento. Cando se adxudique a obra o prazo de execución é de 12 meses. Gonzalo Trenor, delegado territorial da Xunta, destacou que “este edificio é  sede da Confraría das Angustias e un importante espazo eclesiástico na celebración da Semana Santa ferrolá, declarada de Interese Turístico Internacional”.

Na actualidade, existen problemas de humidade en diversas zonas do inmoble derivadas da entrada de auga a través de distintos puntos dos paramentos exteriores e interiores. Para a súa solución está previsto a construción dunha cámara bufa, a impermeabilización de puntos críticos, a renovación dos revocos con morteiro de cal, a substitución puntual da cuberta de tella, así como diversos tratamentos de limpeza, consolidación e pintado do monumento.

Para poder desenvolver os traballos necesarios, a Xunta de Galicia e a Diocese de Mondoñedo-Ferrol asinaron un convenio de colaboración para a posta a disposición dos terreos e inmobles necesarios para a execución das actuacións no monumento.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.