A Xunta reabre definitivamente o paseo peonil da Malata

O carril bici seguirá cortado ata que rematen as obras do colector xeral de saneamento
1587644460530

A Xunta vén de reabrir de forma permanente ao tránsito peonil o paseo marítimo da Malata, en Ferrol. O carril bici continuará pechado á circulación ata que se remate a execución do colector xeral das obras de saneamento. Esta zona estará debidamente valada e sinalizada. O mes pasado abriuse ao tránsito, durante as fins de semana, para o tránsito peonil e o avance nas obras permite agora que permaneza aberto de xeito permanente.

Na actualidade as actuacións do saneamento da Malata continúan avanzando a bo ritmo. Segundo a posta en servizo planificada por fases, antes do verán poderá conectarse ao sistema de saneamento o entorno da Cabana, co que a metade da enseada quedará libre de vertidos mentres se completan as obras na zona da Malata.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.