A Xunta xa enviou máis de 32.000 unidades de material de protección a Ferrol

A última partida chegou hoxe e incluía 832 máscaras, 2.500 luvas e 41 traxes

A Xunta de Galicia vén de dar orde hoxe dun novo envío de material de protección fronte á COVID-19 con destino aos concellos galegos. No caso concreto do Concello de Ferrol a partida inclúe 832 máscaras, 2.500 luvas e 41 traxes antisalpicaduras.

Ata o de agora, o Goberno galego leva entregados ao Concello de Ferrol en conxunto 32.242 unidades de material de protección desde o inicio da crise sanitaria para os servizos municipais que presta. En total foron 14.578 máscaras, 17.500 luvas e 164 traxes, enviados en tres entregas realizadas os días 2, 3 e este 22 de abril.

Un material que, segundo a información facilitada polas propias cidades e concellos está sendo destinado a está sendo destinado para o seu uso, principalmente, no Servizo de Axuda no Fogar, e servizos básicos de Protección Civil, Policía Local ou transporte público. Entre as partidas enviadas inclúense asemade botes de xel hidroalcohólico, garrafas de desinfectante e unidades de lixivia

Salir de la versión móvil