Aberto o prazo para a residencia universitaria do campus de Ferrol

Haberá 25 prazas dispoñibles e o 20% delas estarán reservadas ao estudantes de primeiro ano

A Universidade da Coruña convoca prazas de aloxamento nas residencias públicas universitarias do campus de Ferrol para o curso académico 2020-2021. As prazas que se ofertan na residencia pública universitaria da pública universitaria de Ferrol son 25 sempre que estean garantidas as condicións sanitarias do momento. Se aumentase o número de prazas dispoñibles, adxudicaranse ás persoas que lle correspondesen da listaxe de agarda.

Como regra xeral, non poderán presentarse as persoas con domicilio familiar no municipio de Ferrol ou na área metropolitana deste, que comprende os concellos de Miño, Cabanas, Pontedeume, Fene, Narón, Valdoviño, Neda, Ares, Mugardos e Cedeira. Para valorar isto terase en conta a distancia entre o domicilio familiar durante o curso e o centro docente, os medios de comunicación existentes así como as súas frecuencias e os horarios lectivos.

O período de duración das estadías será do 21 de setembro de 2020 ao 15 de xuño de 2021. Os prezos dos cuartos oscilan entre os 108 e os 230 euros, dependendo das circunstancias. iO prazo de presentación de solicitudes remata o día 31 de xullo de 2020.

A Universidade da Coruña reservará un número de prazas. No caso da residencia pública universitaria de Ferrol reservarase o 20% das prazas para o alumnado que inicie os seus estudos en primeiro curso por primeira vez; dúas prazas serán para ofrecelas en convenios asinados pola UDC que así o recollan nas súas cláusulas e dúas prazas para o estudantado de intercambio internacional que estea de estadía na universidade. No caso de quedaren vacantes estas prazas ofreceranse na cota xeral.

Os residentes terán que cumprir o protocolo de medidas sanitarias que contempla, entre outros condicionantes, o cumprimento do aforo en zonas comúns. A Universidade porá á disposición do usuarios kits hixiénicos, hidroxel e unha alfombra desinfectante na entrada.

 

 

Salir de la versión móvil