Afundación e o Concello de Ferrol repartiron preto de 15.000 menús a nenos e maiores durante o verán

O programa "Cubertos" entregou 4.350 comidas na Casa Solidaria, 3.450 no Edificio Social, 3.900 no Carballo Calero e 2.800 no centro cívico de Caranza

O Concello de Ferrol e Afundación puxeron en marcha este verano o programa Cubertos, que proporcionou durante as vacacións estivais menús saudables a menores en risco de pobreza o exclusión social. O fin foi apoiar ás familias máis vulnerables, especialmente afectadas pola crise da covid-19, garantindo aos pequenos unha alimentación adecuada precisamente nos meses nos que se interrompen os programas de becas comedor.

O Concello, a través da concellería de Benestar Social, que dirixe Eva Martínez Montero, puxo a disposición de Afundación catro puntos de reparto, nos que en total entregáronse 14.500 menús, ao redor de 290 diarios. Na Casa Solidaria repartíronse 4.350, no Edificio Social, 3.450; no centro Carballo Calero, 3.900 e 2.800 no centro cívico de Caranza. Entregáronse de luns a venres a nenos da cidade que percibían beca comedor, aos seus irmáns e a aqueles que as unidades básicas da concellería de Benestar Social estipularon como beneficiarios de dito recurso.

Martínez Montero explicou que grazas a esta iniciativa, “que nunca se desenvolvera en Ferrol durante os meses de verán, deuse a oportunidade a case 300 nenas e nenos, e tamén a un grupo de 16 maiores da nosa cidade, de contar con menús diarios para xantar e, así, que as familias non viran aínda máis resentidas as súas economías polas consecuencias de esta gran crise social provocada pola pandemia”.

Do mesmo xeito, a concelleira socialista agradeceu a Afundación a “iniciativa, a colaboración e o traballo impecable ao longo destes meses e tamén o esforzo realizado polas traballadoras sociais e polo resto do persoal municipal pola xestión desde o primeiro momento”.

Os menús elaboráronse segundo as recomendacións da Estratexia NAOS da Axencia Española de Seguridad Alimentaria e Nutrición (AESAN), que engloba accións para inculcar hábitos de vida saudables a través da alimentación e o exercicio. Con este obxectivo, os menús, elaborados en empresas galegas especializadas e supervisados por nutricionistas.

Salir de la versión móvil