Amenábar fai do porto exterior de Ferrol o plató da súa última serie

O oscarizado director roda estes días na zona do porto e da Graña para a obra "La Fortuna"

Endesa cedeu esta semana o seu terminal portuaria de Ferrol para que o cineasta Alejandro Amenábar rode a súa primeira serie televisiva, “La Fortuna”. Esta decisión, que se inscribe no programa de mecenado cultural que desenvolve a compañía, alcanzou tamén aos propios empregados, que colaboraron na habilitación das instalacións.

“La Fortuna” é un proxecto para Movistar+ que narra unha historia relacionada co espolio da fragata “Nuestra Señora de las Mercedes”, afundida en 1804 durante un combate que se librou no golfo de Cádiz. O barco transportaba unha valiosa carga que foi roubada en 2007 por unha empresa cazatesoros norteamericana, no que se coñeceu como o “caso Odyssey”.

Na repartición da teleserie figuran Manolo Solo (Goya 2027), Karra Elejalde (Goya 2010 y 2014), Ana Polvorosa (Premio de la Unión de Actores 2010, 2011 y 2018), Pedro Casablanc (Premio de la Unión de Actores 1998 y 2001) y Stanley Tucci (Premio Emmy 199 y 2007 y nominado al Oscar en 2009) y Álvaro Mel, entre outros.

Endesa dispón no porto exterior de Ferrol dunha terminal para a carga, descarga e almacenamento de graneis e outras mercadorías e a través da cal tamén importa combustible para o seu complexo de xeración das Pontes. Esta infraestrutura dispón dun peirao de gran calado e de dous xigantescos descargadores en cuxa estrutura o equipo de produción colocou dispositivos de iluminación e cámaras para rodar o que acontecía nun barco onde se desenvolve parte da trama.

Ademais, Endesa cedeu a Amenábar máis superficie na que instalaron diverso material técnico. O equipo tamén ocupa unha parte do edificio da terminal, que utiliza como camerinos. A rodaxe, que terminou este luns, realizouse sempre en horario nocturno, por necesidades do guión.

Salir de la versión móvil