Aprobadas as obras de reparación do paseo marítimo de Doniños

O proxecto contará cun financiamento da Deputación da Coruña por valor de 97.236 euros
IMG_20170531_071044_1

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ferrol aprobou na súa reunión ordinaria de hoxe o expediente de contratación das obras de reparación do paseo marítimo de Doniños. O voceiro do goberno local, Julián Reina, explicou na súa comparecencia posterior á xuntanza que o obxectivo da primeira destas actuacións é que “de cara á campaña de verán do ano que vén a praia de Doniños estea impecable”.

Despois de lembrar que o paseo se construíu hai xa 20 anos, o edil socialista asegurou que “é o momento de facer unha nova intervención nesa zona”, que comezará con labores de roza e limpeza antes de acometer o fresado do carril bici para renovar o seu firme. Segundo detallou, tamén se realizarán labores de mantemento e reparación no sistema de drenaxe, e puntualizou que os traballos incluirán tamén a zona do miradoiro.

O concelleiro avanzou tamén que esta actuación servirá para “poñer ao día” a zona en materia de accesibilidade, xa que nese eido, dixo, “necesita unha actualización”. A reparación do paseo de Doniños é unha actuación incluída no POS 2018 que conta cun financiamento de 97.236 euros. Ademais do mencionado carril bici, vanse reparar outros pavimentos, as beirarrúas, as celosías de céspede dos aparcamentos, sendeiros, escaleiras de madeira, mobiliario urbano e sinalización horizontal e vertical. O prazo de execución dos traballos, unha vez iniciados, será de dous meses.

 

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.