Apuñalado un home durante unha liorta veciñal no barrio ferrolán de Telleiras

Os feitos ocurrirón pasadas as 12.30 horas do mediodía nas inmediacións do antigo bar Bonky, onde fora asasinada Marta Sequeiro

Un home veciño de Telleiras resultou foi apuñalado hoxe por outro residente do barrio durante unha liorta que tivo lugar pasadas as 12.30 horas da mañá. Según explicaron fontes policiais, por causas que aínda se descoñecen, os homes se enzarzaron nunha pelexa e un deles apuñalou a outro nunha perna, causándolle unha grave ferida que requeriu da asistencia da Urxencias Médicas.

Os feitos producíronse xusto diante do antigo bar Bonky, onde fai catro anos foi asasinada Marta Sequeiro, hoxe rebautizado como Native. Tras unha breve indagación, na que participaron tanto a Policía Local como Nacional, o atacante foi localizado no seu domicilio e detido por axentes do CNP que o puxeron a disposición xudicial.

Salir de la versión móvil