As máquinas quitaneves xa desinfectaron máis de 300 quilómetros de vías en Ferrol

Mañá volverán a realizar unha nova saída en varios puntos do municipio cargados con máis de 6.000 litros de solución virucida

As máquinas quitaneves cedidas polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana ao Concello de Ferrol para a desinfección dos espazos públicos da cidade xa percorreron máis de 300 quilómetros de vías ao longo do municipio, tanto nos núcleos urbanos como nas zonas rurais.

Os vehículos realizan as saídas escoltadas sempre por coches da Policía Local, dos Bombeiros e do Ministerio, que lles abren paso e impiden que se acheguen outros vehículos, para dispersar o axente virucida polos espazos públicos. Mañá, mércores, 13 de maio, os dous camións realizarán un novo percorrido polas rúas do municipio co fin de seguir na loita contra a propagación do Covid-19.

O Concello incorporou ao plan de limpeza e desinfección que executa en rúas e espazos públicos dende o inicio da crise sanitaria as demandas feitas polas asociacións veciñais, despois de que a concellería de Obras e Servizos solicitara aos ferroláns que informaran dos lugares que consideraban que requirían unha maior hixienización. Ditas demandas están sendo atendidas tamén polas dúas máquinas quitaneves.

 

Salir de la versión móvil