ASCM e o Concello de Ferrol traballan para mellorar a accesibilidade nos areais

O goberno local adquiriu material para persoas con discapacidade que poderán ser usados a próxima tempada de praias
1

A presidenta da Asociación Sociocultural ASCM, Paula Gárate, e o edil de mobilidade e urbanismo do Concello de Ferrol, Julián Reina, reuníronse esta mañá na Sede da ASCM para abordar cuestións importantes en materia de accesibilidade. O concelleiro avanzou a implantación de importantes melloras para a mobilidade das persoas con mobilidade reducida.

A ASCM leva anos reivindicando a necesidade de potenciar o atractivo turístico dos areais ferroláns, acometendo melloras en materia de accesibilidade. Desde a asociación de persoas con discapacidade considérase fundamental que as persoas da zona e potenciais visitantes poidan gozar dunha contorna de ilusión como son as praias ferrolás.

Esta mesma mañá, Julián Reina avanzou a ASCM que o Concello adquiriu dispositivos para mellorar a experiencia das persoas con mobilidade reducida nos nosos areais: bastóns, cadeiras anfibia ou andadores. O colectivo de persoas con discapacidade poderá beneficiarse, deles, a partir da próxima tempada de praias.

O edil anunciou, así mesmo, que o Concello de Ferrol realizará accións sobre as paradas de autobús da cidade, dotándoas de maior accesibilidade. A Asociación Sociocultural ASCM xa presentara, en 2017, un estudo pormenorizado, a este respecto, á administración ferrolá.

Reina comprometeuse a prestar especial atención ás marquesinas situadas en localizacións sensibles para o colectivo: hospitais e centros de saúde e edificios administrativos. As medidas foron recibidas con entusiasmo por ASCM que se brindou para colaborar en todo aquilo que se lle requira desde o concello ferrolán.

PUBLICIDAD
PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.