ASCM estreará porta automática grazas aos donativos solidarios

A entidade logrou recadar case 3.500 euros a través dunha campaña de crowdfounding a través de internet
Puerta a lo Inaccesible

A Asociación Sociocultural ASCM instalará unha porta automática na súa Sede de Ferrol tras lograr recadar 3.432 dos 3.599 euros necesarios para acometer a reforma, a través da súa campaña de crowdfunding: «Abre as portas á inclusión». A entidade asumirá o custo da diferenza necesaria para facer máis accesible a súa sede. ASCM agradece a colaboración, desinteresada, de todas aquelas persoas que abriron «as portas á inclusión» a través das súas doazóns á entidade.

A instalación da porta automática, prevista antes do inicio da actividade en setembro, permitirá ás instalacións de ASCM un maior grao de accesibilidade. Ademais, a reforma reforzará as medidas de seguridade e hixiene necesarias para evitar posibles brotes de COVID-19.

A posibilidade de poder levar a cabo esta reforma débese en boa medida ás contribucións altruístas de asociados e cidadáns, en xeral, que quixeron colaborar a través das súas doazóns coa campaña de recadación de fondos, promovida en liña pola entidade, «Abre as portas á inclusión».

Esta é a primeira vez que ASCM aposta por unha campaña 100% virtual e as sensacións son positivas. A pesar de non ter sido capaz de acadar o obxectivo de 3599 euros, necesario para cubrir totalmente a instalación da porta, desde a entidade: «están satisfeitos con este primeiro contacto». Os 3432 euros recadados servirán para cofinanciar a materialización dun acceso accesible á sede da entidade e abrirán, en palabras de ASCM, «novos horizontes de busca de recursos e potenciación do autofinanciamento».

Publicidad
Xeoparque Cabo Ortegal
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.