Augas de Galicia podería abrir o paseo da Malata esta fin de semana

O Concello de Ferrol vai solicitar hoxe á entidade pública que permita de novo o tránsito de persoas a pesar das obras dos colectores

DCIM100MEDIADJI_0134.JPG

O concelleiro de Urbanismo e Infraestructuras de Ferrol, Julián Reina, vai a solicitar a Augas de Galicia que o organismo, dependente da Xunta, permita o paso polo paseo da Malata a partir desta mesma fin de semana. Farano nunha comisión —integrada polo concelleiro, un técnico municipal e dous membros de Augas de Galicia—, que terá lugar mañá venres, 15 de maio, de forma telemática.

A vontade do goberno local é “poñer a disposición dos veciños de Ferrol o maior espazo posible” co fin de que poidan gardar a distancia de seguridade mentres camiñan, unha actividade autorizada nos horarios establecidos polo Goberno central.

Na actualidade non está permitido camiñar desde o inicio da ponte peonil, polo paseo da Mariña, ata a altura da rotonda da saída da autovía como consecuencia das obras de saneamento. O goberno local tamén anunciou que tamén aproveitará dita comisión para solicitar á Xunta que aborde o seu compromiso co saneamento do río da Sardiña.

 

Salir de la versión móvil