Caballero e Lastra apelan ao pasado de Ferrol como “cuna do socialismo” para movilizarse o 12-X

O candidato á Xunta garantiu que o CIS da Cabana se transformará nun centro tecnolóxico da eólica mariña

O candidato socialista á presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero e a portavoz socialista no Congreso, Adriana Lastra, participaron onte en nun dos últimos mítines desta camapaña autonómica no que tamén interviñeron o alcalde da cidade, Ángel Mato; o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o candidato ferrolán Bruno Díaz.

Gonzalo Caballero apelou aos progresistas e aos galegos e galegas que queren saír da crise “apostando polo estado do benestar e defendendo os servizos públicos” para que dean “un paso adiante” e que “non quede ninguén na casa”. Sinalou que “hai forza e capacidade, somos máis, temos mellores ideas, temos forza para o cambio e saímos ás eleccións para gañar, sacar á dereita do goberno e abrir unha páxina de progreso”.

Gonzalo Caballero lembrou onte que Ferrol é a cuna de Pablo Iglesias, fundador do PSOE hai 140 anos, e reivindicou o traballo do goberno socialista por recuperar a actividade industrial para a cidade, desbloqueando a construción das fragatas de Navantia ou amparando o proxecto da eólica mariña que suporá un investimento de máis de 4.000 millóns de euros.

“Quero ser presidente da Xunta para ser aliado de Ferrol, que logo da década perdida con Feijóo necesita un presidente da Xunta que colabore co alcalde Ángel Mato para desenvolver o proxecto de cidade que Ferrol merece”, dio Caballero. Así, garantiu que colaborará co alcalde na transformación do CIS da Cabana nun centro tecnolóxico de desenvolvemento da eólica mariña.

Retirar a Feijóo

O encargado de abrir foi o acto foi o alcalde de Ferrol, Ángel Mato, quen incidiu na importancia de mobilizarse para ter un presidente socialista en Galicia a partires do vindeiro domingo.

Diso mesmo falou o presidente da Deputación da Coruña e secretario provincial do PSOE, Valentín González Formoso, e puxo tamén en valor “o enorme esforzo” feito polo goberno de España. Tamén por iso pediu un voto socialista o vindeiro 12 de xullo, que castigue a xestión de Feijóo durante a pandemia.

Así mesmo, o ferrolano Bruno Díaz, membro da candidatura socialista pola provincia, recordou os exemplos das Enfermeiras en Loita ou dos Venres Negros da RTVG para poñer de relevo a importancia de “retirar a Feijóo” do goberno da Xunta.

Salir de la versión móvil