A ancestral celebración dos maios xa arrancou motores en moitos concellos e parroquias das comarcas. Un dos lugares onde máis arraigada esta está tradición é no barrio ferrolán de Canido, que prepara un finde semana con máis dunha trintena de actividades do venres 5 ao domingo 7. Será precisamente nesta xornada cando a veciñanza está convidada a unha comida de confraternización e festexo da primavera ao longo da rúa Alegre, o cruceiro de Canido e Alonso López contra as dúas da tarde. Previamente haberá unha sesión vermú na praza de Auga amenizada polo dúo Lidia India & Grupo. Despois do almorzo no parque Antón Varela haberá xogos e obradoiros con actividades, lúdicas e educativas, de promoción da sostenibilidade, descubrimiento, destreza e mesmo un itinerario circense. Pero xa desde este venres haberá actividades para tódolos públicos. Ao mediodía haberá xogos tradicionais para escolares, pola tarde maxia. E desde as 20.00 horas celebraranse os concertos de Miguel Biezma, Los Fallaos, El Cruce e Los Alcántara en diversos espazos. Durante todo o sábado actuarán Los Zares, Paso de Llave ou Baluarte.
Narón tamén presentou a súa programación da festividade dos Maios, que terá lugar este sábado, día 6. A alcaldesa, Marián Ferreiro, destacou o traballo realizado dende a Sociedad Cultural Areosa para poder desenvolver un ano máis este evento festivo e tamén agradeceu “a implicación das veciñas e veciños e dos escolares da cidade que cada ano elaboran maios que se poderán ver o sábado na Praza de Galicia. A programación comezará ás 11.00 horas na Praza de Galicia, donde como cada ano se elaborará unha gran alfombra floral cun deseño do artista naronés Leandro Lamas e cunhas dimensións de dez metros de alto por dez de ancho. Na decoración da mesma, unha vez deseñada, poderán participar todas aquelas persoas que o desexen. Así mesmo, tamén pola mañá e na Praza de Galicia, haberá un obradoiro de arte floral, no que se amosará como se realizou o traballo realizado nos organizados dende o Padroado da Cultura.
Ás 16.30 horas será a concentración dos Maios nas inmediacións do Centro Cívico Social de Piñeiros, dende onde partirán ás 17.00 horas en comitiva cara á praza de Galicia. Unha vez cheguen a esta última localización, sobre as 18.00 horas, terá lugar a recepción oficial, con música tradicional a cargo dos grupos do Padroado da Cultura. Haberá tamén na praza unha Mostra de Arte floral, cos Maios realizados tanto nas entidades veciñais como nos centros de ensino, nos que o alumnado de Infantil e primeiro ciclo de Primaria participou nos obradoiros impulsados cada ano dende o Padroado.
En Pontedeume foron os primeiros en festexas a festa dos maios o pasado 1 de maio, co seu tradicional Concurso de Maios. O evento contou cunha notable afluencia de público, que se achegou a contemplar as estruturais florais que se presentaron este ano. Na edición deste ano participaron os seguintes maios: Maio Colorido, Maio Calamardo e o Maio da Amizade, estes tres do CEIP Couceiro Freijomil; o Maio O Galán e o Maio Tradicional, ambos da Asociación Airiños do Eume, e o Maio Florido do CPR Luis Vives.