Cantos Ferrol hay no mundo?

O topónimo de Ferrol atópase espallado por boa parte do mundo, de Asia a América en vilas, pobos e cidades de toda clase social e en todas as latitudes posibles

Moitos poderían pensar que o topónimo Ferrol é exclusivo da vila departamental ao noroeste da comunidade galega, pero nada máis lonxe da realidade. O nome de Ferrol está tan espallado polo mundo como o estivo o imperio español do que Ferrol foi unha das principais bases militares durante un longo periodo de tempo. O nome Ferrol deu lugar a distritos, poboacións, accidentes xeográficos e, por suposto, a un bo número de rúas que homenaxean á propia cidade.

Un dos Ferroles máis coñecidos é o municipio da provincia de Romblón, en  Filipinas. Unha pequena vila duns 6.900 habitantes que, según está documentado, foi fundada en torno a 1850. Os españois notaron a semellanza da baía próxima coa ría de Ferrol en España, cuxa cidade homónima foi o porto de orixe da Armada Española no noroeste de España, de aí o nome da cidade. A única diferencia apreciable entre ambas localidades e que na de filipinas a temperatura media ao longo do ano é de 29,5 graos.

No outro extremo do pacífico, atopamos a península de Ferrol. Atópase no centro-oeste do Perú e está situada na provincia de Santa a uns 10 quilómetros ao sur da cidade de Chimbote. Atópase delimitada ao norte por punta do Bruxo Grande e a baía de Chimbote, tamén coñecida como Bahía de Ferrol. Ademáis, a uns metros da costa, atópanse as Islas Ferrol, un conxunto de tres pequenos islotes situados no extremo sur desta bahía. A zona de Chimbote conta cunha poboación de case medio millóns de habitantes e, como curiosidade, existen un xornal dixital chamado “El Ferrol Chimbote”.

 

Península de Ferrol, en Perú

Máis de 5000 quilómetros ao norte, xa nos Estados Unidos de América, existen unha pequena comunidade rural dedicada as explotacións gandeiras e agrícolas chamada Ferrol, no estado de Virxinia.  Incluso, na zona, existe unha pequena estrada que conecta varias granxas chamada Ferrol Avenue. O nome, ao parecer, ven tomado dun pequeno regato chamado Ferrol Creek, un afluente do río Calfposture.

Ademáis destes núcleos de poboación que levan o nome de Ferrol, existen tamén multitude de rúas por todo o mundo que homenaxean á cidade departamental. Non só en España, onde hai preto de 70 rúas e avenidas Ferrol, senón tamén no mundo adiante e especialmente no continente americano. É en México onde máis abundan. La fronteriza cidade de Tijuana, no barrio de Alamar atópase a rúa Ferrol. No mesmo estado de Baja California, pero esta vez na cidade de Mexicali existe unha nova urbanización residencial atrevesada pola rúa Ferrol e, xusto ao outro lado da rúa o Parque Ferrol.

No Estado de Nuevo León, na cidade de Apodaca tamén hay unha rúa Ferrol e no mesmo estado, pero máis ao norte, en Monterrey unha que aínda conserva os vestixios do pasado, xa que se chama rúa El Ferrol. Outra das rúas Ferrol de méxico atópase na cidade de Chihuaha, nesta ocasión acompañada de outras como rúa Mugardos ou rúa Cambados.

Rúa Ferrol na cidade de Apodaca

Un dos Ferrol máis glamurosos atópase en Perú. Esta rúa Ferrol atópase nunha exclusiva urbanización de luxo na ciudade de La Molina. Conta con numerosas mansións con piscina privada rodeadas de clubes de golf e algunas das universidades máis elitistas do país. Curiosamente, a rúa Ferrol queda sen saída ao pé dunha loma, que separa estas vilas privadas dunha barriada onte abondan as casas feitas con chapas de metal e que apenas conta con luz eléctrica ou estradas.

Tamén en Colombia Ferrol ten a súa presencia. Ademáis de existir unha empresa de construcción chamada Ferrol asentada na cidade de Bogotá desde 1945, na mesma urbe existen uns enormes bloques de apartamentos de clase media chamados Condominios Ferrol. Xa nos Estados Unidos de América atopamos dúas rúas Ferrol no estado de Florida. Unha delas é Ferrol Drive, e forma parte dun distrito residencial bastante exclusivo da cidade de Winter Park. O outro é Ferrol Road e está na cidade de San Agustín, unha vila de costa considerada por moitos o municipio máis antigo dos Estados Unidos.

 

Ferrol Drive, nunha urbanización residencial da Florida

 

Salir de la versión móvil