Caranza cumple 50 anos «no mellor momento da súa historia»

A asociativo veciñal premiou polo seu aniversario a tódalas entidades que teñen contribuido ao desenvolmemento do barrio neste medio século de historia
Foto de familia dos premiados
Foto de familia dos premiados

“Cando cumpre 50 anos, Caranza comeza o mellor momento da súa historia”. O alcalde, Ángel Mato, destacou así a traxectoria do barrio máis populoso da cidade no momento no que se celebra o seu medio século. Na súa intervención durante o acto institucional co que esta tarde se festexou o aniversario no Auditorio de Ferrol, o rexedor asegurou tamén que “Caranza mira ao futuro dende unha posición envexable”. Repasou tamén as transformacións que están en marcha, como a renovación de espazos verdes ou a humanización da avenida das Pías, “a primeira obra obra de España do Plan de Recuperación que se dedica á Axenda Urbana”, e que, asegurou, non vai servir unicamente para romper barreiras físicas entre barrios, senón tamén para seguir integrando socialmente zonas moi distintas da cidade.

O alcalde interviu tras recoller, en nome do Concello de Ferrol e acompañado pola concelleira de Participación Cidadá, Ana Lamas, o premio Román Piñón ao apoio asociativo veciñal, que lles entregaron a presidenta da Asociación de Veciños Cuco Ruiz de Cortázar, María del Pilar Rodríguez Venancio, e o vicepresidente da entidade, Santiago Magán. A Deputación da Coruña foi premiada polo seu apoio no ámbito da cultura e o deporte, un galardón que foi recollido polo presidente, Valentín González Formoso. Formoso agradeceu o recoñecemento e destacou que as ayudas culturais e deportivas da Deputación chegan a máis de 1.600 entidades da provincia. Asimismo, felicitou aos responsables da entidade veciñal por estes 50 anos de historia e remarcou a importancia das asociacións veciñais para a dinamización dos barrios.
Rodríguez Venancio dedicou previamente na súa intervención palabras de lembranza e homenaxe a Román Piñón, histórico dirixente veciñal que da nome aos premios que hoxe entregou a entidade durante o acto. Os galardóns, ademais do antedito concedido ao Concello de Ferrol, foron os seguintes: ao labor social, a Caritas da Parroquia de Santa María de Caranza; á integración social, ao Taller de Promoción da Etnia Xitana; á acción social contra a droga, a Asfedro; á entidade deportiva, á ACDR Galicia de Caranza; a título póstumo, a Armando Lobo Fernández; á entidade cultural, á SAC Armonía; a título póstumo, a Anita Paz Rodríguez; o premio Abrindo Horizontes, á Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao; á innovación e desenvolvemento, ao Instituto Galego da Vivenda e Solo; ao progreso, ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, á dinamización cultural e deportiva, á Deputación da Coruña, e a título póstumo, a Román Piñón Bouza.
O acto achegouse ao final cunha pequena sorpresa: o alcalde e o presidente da Deputación entregaron figuras conmemorativas á actual presidenta e aos expresidentes da Asociación de Veciños de Caranza que asistiron ao acto, en agradecemento polo seu traballo e como lembranza deste día. A continuación, para pechar, o Coro da Ra ofreceu un concerto.

 

 

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.