Catorce comparsas participarán no Entroido ferrolán

O Concello presentou hoxe o programa do Entroido, que inclúe unha festa infantil e a tradicional queima da sardiña
2023_02_08Entroido202301

O Concello de Ferrol presentou esta mañá o programa do Entroido 2023, que se celebrará os días 19, 20 e 24 de febreiro, e que xa se pode consultar na web municipal. O concelleiro de Cultura, Antonio Golpe, explicou esta mañá que para este ano o Concello ten preparado un “completo programa de actividades, que incluirá os aspectos máis tradicionais e algunha novidade”.

Comezará o domingo 19, ás 17 horas, cunha festa infantil na praza de Armas, con obradoiros de máscaras e pintacaras, contacontos e moito humor. O luns 20 instalarase unha filloeira na praza de Armas que funcionará de 12 a 14.30 e de 17.30 a 21 horas.

No pasarrúas, que sairá da praza de España ás 18 horas, participarán un total de 14 comparsas, o dobre que o pasado ano. Serán: Os Colludos, Os Argalleiros, Paso a paso, Vide vindo, A Canteira, ANPA Belén, Xoaninas, A revolta de Trasancos, Troupele troupele, Travesía migratoria, OJE Ferrol, Semente de Trasancos, Os Parrandolos e Os Scratchados. Os Caralletas participará como grupo e Como baila como parella. As comparsas participantes optarán a premios en metálico, segundo a valoración do xurado. O primeiro premio é de 630 euros; o segundo de 620 euros; e o terceiro de 610 euros. Así mesmo, cada un dos premiados recibirá un diploma acreditativo e fotografía.

O percorrido seguirá pola rúa Real, Arce, Amboage e Dores ata a praza de Armas, onde se celebrará a Gala do Entroido. O inicio está previsto para as 19 horas, aproximadamente. Haberá un concurso para comparsas, grupos, parellas e disfraces individuais. Para rematar, o venres 24 de febreiro terá lugar na praza de Ultramar o enterro da Sardiña. As comparsas comezarán un percorrido polo barrio ás 20 horas e ás 23 horas será a queima da sardiña. Está previsto que despois as comparsas prolonguen a festa polas rúas do barrio e establecementos da zona.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.