CC.OO. denuncia a supresión defintiva do Tren Hotel de Madrid a Ferrol

"Gran parte das perdas que alegan prodúcense pola mala xestión, as incidencias nos servizos e os retrasos", explican desde o sindicato
2020022023072854655

A sección ferroviaria de CCOO denunciou onte a decisión de Renfe de suprimir definitivamente os Tren Hotel que viaxaban de Madrid e Barcelona ata Galicia e que implica a paralización da conexión de Ferrol.  «Criamos que esta supresión era de carácter temporal, polos motivos explicitados, pero non foi así, pois a dirección da empresa, baseándose nunha interpretación moi particular da conta de resultados, decidiu aproveitar o parón provocado polo COVID-19 para deixar suprimidos definitivamente estes trens»

Desde o sindicato mostraron o seu desacordo co que consideran «criterios economicistas» expostos por Renfe para adoptar estas medidas. Din que a decisión empresarial que supón a perda de 160 empregos pertencentes a varios colectivos: maquinistas, interventores en roteiro, persoal de limpeza, mecánicos de TALGO, persoal de mantemento, de atención ao viaxeiro en controis de acceso e axuda a persoas con problemas de mobilidade, persoal de servizo a bordo dos trens e de loxística.

Comisión Obreiras asegura que gran parte das perdas que alegan prodúcense pola mala xestión que a Empresa leva a cabo con estes trens, polo gran número de incidencias e atrasos que se producen, por falta de locomotoras ou o deficiente mantemento das mesmas e pola falta de persoal, que fai que se invista moito diñeiro en indemnizacións e devolucións do importe dos billetes.

«Pensamos que debe haber unha aposta decidida polo ferrocarril convencional que debe ser considerado un servizo público de calidade, que garanta a mobilidade das persoas, destacando a súa rendibilidade social como elemento vertebrador do territorio, pola súa accesibilidade, pola súa baixa sinistralidade, polas súas vantaxes ecolóxicas evidentes e amplamente recoñecidas», explican desde o sindicato.

 

 

 

 

 

Relacionadas