O sección sindical de CCOO en Navantia Ferrol acusou á dirección do centro de modificar as condicións laborais das industrias auxiliares que operan nos estaleiros ao amparo da crise sanitaria provocada pola pandemia de coronavirus. A través dun comunicado, a central cargou contra a decisión, tomada o pasado día 4, de facer que as empresas de tubaxes asuman a quenda de tarde, alegando, supostamente, a coincidencia nos vestiarios dos traballadores.
O sindicato tamén sinala en vez de optar por un «escalonamiento consensuado», a empresa pública optou por tomar esta decisión de forma unilateral ante o Comité de Emerxencia cunha “linguaxe ambigua” para que os membros deste organismo “non se decataran” do que supoñía.
CCOO acusa á cúpula da empresa de actuar con “belixerancia” cos traballadores das industrias auxiliares, que carecen, din desde o sindicato, «de ningún tipo de regulación na subcontratación” que fixe unhas pautas ante esta clase de situacións. “ Unha empresa pública non pode contemplar despedimentos e outros ataques a consecuencia do estado de alarma, pois é copartícipe desas mesmas medidas cando as provoca e non as regula”, sentenciou o sindicato.
Uno dos puntos no que o sindicato fixo especial fincapé no seu comunicado foi na importancia de respectar os convenios colectivos independentemente da situación sanitaria. CCOO apuntou así que os traballadores teñen eses pregos de condicións que regulan as condicións laborais e que “unha empresa allea non pode impoñer medidas” que os infrinxan, lembrando ademais que “a subcontratación non é contratación á carta e sen dereitos”.
Neste sentido, o sindicato avoga pola continuación da actividade nos estaleiros baixo a premisa do cumprimento das medidas sanitarias, pero sen que iso sexa en detrimento de as condicións laborais dos traballadores, do cal responsabilizan tanto á dirección da factoría ferrolá como á xerencia das industrias auxiliares.