Chamamento ás familias das máis de 197 vítimas do franquismo enterradas en Serantes, en Ferrol

O traballo de Histagra revela que existen varias fosas comúns no cemiterio de Serantes, e piden colaboración da veciñanza para iniciar o estudo arqueolóxico
Estudo arqueolóxico realizado na foxa común do Cemiterio de Rubiáns | Histagra
Estudo arqueolóxico realizado na foxa común do Cemiterio de Rubiáns | Histagra

O grupo de investigación da USC Histagra, vén de descubrir a existencia de varias foxas comúns de vítimas do franquismo repartidas por distintos puntos do cemiterio de Serantes.

A súa investigación, tamén coordinada polo Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC), permitiu esclarecer que polo menos 197 persoas foron asasinadas e enterradas polo franquismo en foxas comúns nesta parroquia de Ferrol.

Piden colaboración da veciñanza

A primeira fase deste estudo desenvolverase entre o 31 de agosto e o 11 de setembro. É por iso que o grupo pide axuda ás familias das vítimas do franquismo que foron enterradas en Serantes. Tamén agradecen a colaboración de calquera veciño ou persoa que coñeza datos sobre o sucedido que poidan axudar a completar a investigación histórica.

Preservación da Memoria Democrática

Este estudo arqueolóxico enténdese dentro doutros proxectos maiores de exhumación que tiveron lugar en distintos puntos do noso mapa e que pretenden afondar e contribuir á preservación da Memoria Democrática en Galicia. Algúns deles foron o da foxa de O Val en Narón, a foxa común de Vilagarcía de Arousa ou Carral.

En España estímase que existen máis de 6.000 foxas comúns da Guerra Civil e a Ditadura, das cais 106 están en Galicia. Na actualidade, é imposible vivir a menos de 50 kilómetros dunha delas.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.