A Sección de Astronomía da SGHN organiza unha charla e presentación da exposición de astrofotografía que terá lugar o venres 16 de setembro ás 19:00 horas no salón de atos do museo de Historia Natural en Ferrol.
Como xa hai varios anos, a Sección de Astronomía da Sociedade Galega de Historia Natural vén realizando esta exposición de imaxes de astrofotografía de varios autores, entre os cales están varios membros da citada sección e varios colaboradores externos.