Cinco persoas sancionadas por depositar as bolsas de lixo nas rúas de Ferrol

As multas por non usar os contenedores pode chegar aos 750 euros por incumplimento das medidas de hixiene e seguridade
Imagen-0121

Durante a noite do venres ao sábado, persoal de Urbaser solicitou a presenza da Policía Local na rúa Real ao detectar bolsas de lixo depositadas na vía pública e non no interior dun colector, como establece a ordenanza. Os axentes que atenderon o requirimento descubriron no interior varios documentos nos que figuraba a identidade dun home e dunha muller.

Situacións similares repetíronse durante esta pasada noite, cando unha patrulla do 092 identificou a tres persoas que depositaron os refugallos fóra do lugar axeitado. Nos tres casos os feitos producíronse na rúa Magdalena. As normas municipais recollen a obriga de depositar os residuos urbanos nos contedores habilitados a tal fin. Os incumprimentos están recollidos como infraccións de carácter leve, que implican sancións de ata 750 euros.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.