Comezan as obras de rehabilitación do pavillón polideportivo de Santa Mariña

Os traballos de eliminación de pingueiras e cambio de portas na instalación deportiva teñen un orzamento de case 34.000 euros
pabellonsantamarina

A concellería de Obras e Servizos de Ferrol comezou a executar as obras de rehabilitación do pavillón polideportivo de San Mariña, que inclúe a eliminación de pingueiras e o cambio de portas. Trátase dunha intervención “moi necesaria”, segundo o goberno local, a causa do deterioro da cuberta e da entrada de auga no interior do edificio dende o pasado inverno. O contrato foi adxudicado á empresa Excavaciones Saavedra y López S.L. por un importe de 33.867,9 euros.

Esta actuación será a primeira que se executa no pavillón, unha instalación municipal que rexistra moito uso. O proxecto inclúe a substitución de dúas portas exteriores por outras novas antivandálicas e con dispositivos antipánico, a instalación de extintores e carteis indicativos da súa situación, a actualización das medidas antiincendios e a colocación de carteis homologados de saída.

A reparación en Santa Mariña tamén contempla, como medida máis urxente, a substitución das pranchas de policarbonato na cuberta e na fachada norte, a reposición dun novo cumio, a revisión da totalidade dos parafusos con substitucións dos que estean deteriorados e a limpeza de cuberta, caleiros e baixantes. De igual modo repararanse as pranchas de aceiro que presenten pingueiras e substituiranse parte dos caleiros e baixantes que estean deterioradas.

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.