Conclúen as obras para arranxar as deficiencias na urbanización Fenya

Os traballos, presupuestados en 120.000 euros supuxeron a reposición do terreo, a construcción dos novos muros, a reinstalación de servizos e a pavimentación da zona

O alcalde de Ferrol, Ángel Mato, acompañado pola concelleira de Obras e Servizos, Ana Lamas, visitou esta mañá a urbanización Fenya, onde acaban de rematar os traballos para arranxar as deficiencias detectadas na urbanización AEI-13 Fenya. O rexedor e a edil percorreron os xardíns xunto con técnicos municipais e comprobaron o estado da zona unha vez o Concello recibiu as obras.

Os problemas na parcela onde se asentaba a antiga Fenya comezaron hai arredor de tres anos, cando afundiu o terreo e venceu o muro de contención que o soportaba, o que afectou aos xardíns e á zona contigua onde se encontra a escola infantil Virxe de Chamorro.

O proxecto para arranxar as deficiencias na urbanización incluíu a retirada do mobiliario urbano, o saneo e reposición do terreo, a demolición dos muros existentes e a execución de novos muros, a renovación das instalacións de alumeado, rego e pluviais, a renovación da pavimentación e a reposición do mobiliario. O prezo do contrato foi de 120.939 euros

Salir de la versión móvil