Controlado o segundo incendio forestal de Ferrol nas últimas 24 horas

A primeira hora desta mañana os Bombeiros tiveron que actuar nun lume que calcinou unha hectárea de terreo na Bailadora

Coa chegada do verán e das altas temperaturas comezan tamén os incendios forestais nas comarcas. Nas últimas 24 horas producíronse dous pequenos conatos que quedaron controlados gracias a rápida actuación dos Bombeiros de Ferrol.

O último deles produciuse esta mesma mañá na zona da Bailaradora. Según informaron fontes municipais, o corpo de emerxencias recibiu o aviso pasadas as 08.30 da mañá e se desprazaron ata o lugar de Marmancón, onde se atoparon cun lume que afectaba a algo máis dunha hectárea. Os traballos continuaron durante toda a mañá e o incendio deuse por controlado antes do mediodía. Tamén participaron dúas brigadas da Xunta con tres motobombas.

O outro lume tivo lugar onte, contra as dúas e media da tarde nunha zona de eucalipstos nas inmediacións do Colexio CEIP A Laxe de Valón, pero nesta ocasión apenas afectou a 0,15 hectáreas.

Ao lugar do incendio acudiron os Bombeiros de Ferrol, cun camión bomba e un forestal, así como efectivos da Xunta formados por un axente forestal e 4 brigadas auxiliados por tres motobombas e un helicóptero. Segundo informaba a Conselleria de Medio Rural, pouco despois das 16.20 horas logrouse controlalo, aínda que continuron cos traballos de arrefriado para evitar rebrotes.

 

Salir de la versión móvil