A empresa mixta de augas de Ferrol (Emafesa) informa que debido á necesidade de realizar unha reparación do colector na rede de saneamento na avenida de Santa Mariña, no cruce con Casal dos Ovos, é necesario cortar o acceso de vehículos no carril dereito en dirección á estrada de Catabois.
O acceso quedará sinalizado mediante semáforos e sinais de obra. A intervención terá lugar entre os días 8 e 14 de xuño.