Cuarentena a ritmo de “reggaeton” ferrolán

O creador David Fernández vén de elaborar varios videos musicais cargados de humor e inxenio sobre o día a día do confinamento polo coronavirus.

O ferrolán David Fernández é un deses creadores dixitais que están facendo máis levadío o confinamento pola crise do coronavirus. Na súa canle de Instagram, este empleado da Marina Mercante con alma de artista (xa participou en varios festivales como o Nachiños Fest ou na Festa da Agua de Vilagarcía) publica divertidísimas cancións inspiradas no día a día que nos toca vivir aos cidadáns de a pé.

Un dos seus últimos hits foi o dedicado ao papel hixiénico. A ritmo de reggaetón, David fai unha inxeniosa caricatura da toleira que se desatou con este producto durante os primeiros días da crise. O que comezou como unha forma de pasar o tempo, xa se está a convertir nunha aclamación popular para que este ferrolán continúe creando este animosos videos.

“Hai que tomarse con bo humor estes días difíciles e tentar concienciar a todo o mundo que pensa que isto non é un problema grave”, di o autor ferrolán.

Salir de la versión móvil