Denunciado tras facer trompos nun parking de Narón e darse á fuga

Os feitos ocorreron mentres se celebraba un botellón no que participaban varias persoas. O conductor fuxiu do lugar pero foi localizado en Franza, Mugardos

Vehículo policial

A Policía Local de Ferrol denunciou o pasado domingo, pasadas ás tres da mañá, ao condutor dun vehículo que circulaba de forma temeraria polo estacionamento dun gran establecemento da Gándara, realizando diferentes manobras como aceleróns e pasadas a gran velocidade queimando roda, o que provocou unha nube de fume.

Foi mentres se celebraba un botellón no que participaban varias persoas. No aparcamento había unha trintena de vehículos estacionados. Cando chegou a Policía Local o condutor acelerou de forma brusca para abandonar o lugar. Os axentes desaloxaron o aparcamento, localizaron ao autor en Franza (Mugardos) e tramitaron a correspondente denuncia por condución temeraria.

Salir de la versión móvil