Denunciado un veciño de Ferrol por botar caldeiros de auga pola fiestra aos viandantes

O home asegurou que levaba dende o inicio do confinamento tomándose a xustiza pola súa man coas persoas que pasean pola rúa do Sol

A Policía Local de Ferrol tramitou unha denuncia o pasado venres, 17 de abril, contra un veciño que mollou a varias persoas botando caldeiros de auga pola fiestra do seu domicilio. Unha patrulla acudiu ao lugar despois de que un dos viandantes afectados reclamara a súa presenza.

Os axentes, tras realizar diversas indagacións, deron co autor dos feitos, residente nun cuarto piso, ao que subiron para interrogalo. O home recoñeceu que acababa de arroxar a auga contra un peón e asegurou que non era a primeira vez, dende o inicio do estado de alarma, que mollaba a persoas que pasaban pola rúa mentres el permanecía confinado na súa vivenda.

Salir de la versión móvil