Este pasado sábado, ao arredor das tres da mañá a centralita do 092 varias chamadas nas que se indicaba que había vehículos circulando a grande velocidade pola FE-13, que une a carretera de Catabois coa de Castela. Nese preciso instante, os axentes de garda na xefatura puideron oír o forte ruído dos motores, polo que deron aviso a unha patrulla que se achegou á zona.
Os integrantes desta, realizaron labores de vixilancia a distancia para non ser detectados. Comprobadas as infraccións, aproximáronse para darlles o alto a tres condutores, un dos cales resultou ser novel. Todos foron denunciados por condución temeraria. Segundo consta na proposta de sanción, dous estaban a facer unha carreira do tipo comunmente denominado “pique”.